Onte tivemos xuntanza. Xa queda menos, nun par de semanas xa será o marathón e as cousas este ano van bastante ben, a verdade. A idea que vos comentei a semana pasada sobre a exposición de fotos está tomando un cariz bastante bo e é un dos anos nos que máis xente se está implicando con nós.
Eu, persoalmente estou moi contento. Máis para diante, seguramente tralo Marathón, subirei un video coa maior cantidade de fotos das que dispoña, para que poidades velo nas vosas casas e ensinarllo ás persoas maiores xa que é moi curioso ver como se van lembrando das caras e se ilusionan ao rememorar tempos pasados.
Continuando coa labor propia do Marathón, xa contamos con varios patrocinadores máis que irei engadindo pouco a pouco, e esta fin de semana acudiremos a comprar xa os trofeos deste ano! Tamén este ano contaremos co patrocinio do Concello de Pontevedra, que vai donar dous trofeos, como en anos anteriores.
Coca Cola tamén participará este ano connosco a través dunha rebaixa no prezo das bebidas.
Deixovos unha foto destas da exposición para que comparedes como era antes e como é agora. Se non o coñecedes a día de hoxe, anímovos a que o fagades!
![]() |
| Campo da festa de Marcón (Pontevedra) |
Lembrade que vos esperamos en Pintos (Marcón) cos brazos abertos.




