A verdade é que dende o sábado estiven pensando en como escribir e como expresar o que realmente quero. Estou moi contento porque, a pesares de que non todo saíu como nos esperábamos, a verdade é que, polo menos para min, é un día que me alegra moito. A pesares de que temos os nosos fallos, claro que sí, pero sempre está ahí unha persoa que nos pode corrixir, outra que nos dí en que mellorar, outra que nos conta as súas experiencias... outra que se ofende, porque claro, é coma en todo, hai xente que chega por primeira vez e se ofende pensando que era outra cousa. A eles queremos pedirlles perdón, se non se atoparon co que pensaron que era, pero queremos animalos a que sigan vindo e uníndose a nós, porque senon, nunca imos poder seguir evolucionando. Quen nos ía dicir hai un ano que a día de hoxe teríamos un blog coma este? ou que sei eu, que iamos ter tantos sorteos coma tivemos?
Persoalmente, a min o día do marathón prodúceme sempre unha alegría incesante porque, sexa por ver a xente que hai tempo que non ves, outros que veñen dende fóra e che alegra ver o preparados que están e a facilidade que teñen, algún chiste de Santi dende o micro (veñen coma "fffffflechasssssss"); algunha das míticas frases de Iván ("vanvos vendeeeer", "arráncame de aquí" ...); as eternas teimas de Antonio ("hai que ir desbrozar"); ao Paco Fiesta ("cajo en dios"-coa súa voz, claro-); a Esteban lembrándome todo; a Pexe, por crear o mundo e permitir que isto sexa posible; a Santi o pequeno escapando da abuela ou levándose un xamón e uns kirikos a todo meter; a Miguel, Luis, Álex, Nuria, Noemi e Celia, chegando sempre tarde; a xente que nos axuda sempre no día (Raúl, toda a familia de Fran, Olguita e fillos, Noelia, Basilio...), a aqueles que nos botan unha man dende fóra sempre que poden (Carmela, Luis, Basi...). A todos, sempre lles estarei agradecido por facerme pasar un bo día. Espero que a vós tamén volo fixeran pasar, que saibades perdoar os nosos fallos, dos que moitos me sinto responsable, e que nos axudedes a mellorar co que sexa, suxerencias, apoios, o que sexa... E que volvades, sobre todo que volvades, porque xa se sabe que non é o importante tanto gañar, senón pasar esa tarde en compañía e botarte unhas risadas de cando en vez, que non está xa suficientemente mal a vida como para estar pensando niso seguido, o mellor é desconectar unha tarde para volver a rutina noutro momento.
Aquí vos espero dentro de algo menos dun ano!
PD. quero lembrárvos a aqueles que vos interese a cea que estamos organizando, que vos poñades en contacto con nós a través deste correo: marathonpopulardepintos@gmail.com se queredes vir, ou que nos chamedes ou faledes con nós, antes do día 20

