Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

sábado, 10 de setembro de 2011

II Cea Marathón Popular de Pintos

Ola!
Pensabades que xa non se ía actualizar o blogue despois do Marathón? já! claro que o vou actualizar!
Polo momento, aquí vos deixo algunhas fotos da cea que realizamos con motivo do Marathón. Nela reunímonos os veciños e toda a xente que así o desexou, para pasar unha velada xuntos nun restaurante en Poio (ao final cambiamos o destino) e a verdade estivo moi ben. Éramos 55, todos amigos, veciños, coñecidos... e está aberta a quen desexxe vir en vindeiros anos, así que xa sabedes!
Unha aperta a todos!