Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

sábado, 26 de xullo de 2014

Mudámonos!

Ola a tod@s!!

Dámosvos conta de que este ano decicimos mudar o noso dominio web para unha páxina de Facebook, co cal deixaremos de actualizar o blogue :(

Animámosvos, pois, a que vos acheguedes por https://www.facebook.com/carreirapopulardePintos e que lle botedes un ollo á nosa páxina e, se vos interesa, que lle deades a "Gústame" e que a compartades coas vosas amizades para poder chegar a un maior número de xente!!

Se vos apetece, tamén podedes compartir ou chegar ao noso Facebook a través do seguinte código QR que, escaneado cunha aplicación lectora destes códigos, engádelle unha sinxeleza maior para chegar á xente.


MOITAS GRAZAS A TOD@S POLO TEMPO QUE COMPARTISTES AQUÍ CONNOSCO!

SEGUÍMONOS VENDO NO FACEBOOK E, DENDE LOGO, NA NOVA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DE PINTOS 2014!



luns, 19 de agosto de 2013

Un par de vídeos...

Ola!!
Espero que disfrutárades ao máximo desta edición da Carreira Popular de Pintos!! Para o ano máis... e intentaremos que sexa mellor ou, cando menos, igual!
Déixovos un par de vídeos para aqueles que non puidestes asistir...

Neste de aquí, hai un saúdo panorámico dos que vos achegastes até alí... Co noso super presentador, Santi, en primeirísima plana :D

Neste outro, fágovos sufrir un pouco... é o sorteo final deste ano, o sorteo dunha magnífica tablet de 7 polgadas e que sorprendeu a máis de un!!


Ata o vindeiro anoooooooooooo...!!!


sábado, 17 de agosto de 2013

E aquí vos dicimos como chegar!!

Aquí estamos, un ano máis, neste día previo á Carreira Popular de Pintos. E quero, como non, volver indicarvos por se vos apetece vir e non sabedes, como chegar dende unha zona de Pontevedra moi coñecida, como é o Nó do Pino. Avisarvos que na zona do Marco están en obras, que cambiou algo aquilo, e que vaiades con coidado.

Quero que esta entrada vos sirva de apoio para que saibades chegar dende o nó do Pino ata onde celebraremos a carreira.

 Nesta primeira imaxe indícasevos que tedes que saír dende o nó do Pino en dirección Ponte Caldelas. Por ahí ides pasar por zonas en obras onde se está executando a ampliación do vial Pino-Bora, ides pasar polo Bar Emiliano, pola Casa Cultural de Marcón e, tras pasar esta, debedes estar atentos á dereita e cando vexades unha empresa que se chama GRANITOS PAZOS, xusto ao lado métese unha pista cara arriba, pola que debedes seguir tamén todo recto, como vos indico na segunda imaxe. Haberá tamén algún cartel que previamente colocaremos nós, indicándovos como chegar.

Cun círculo en violeta indicovos que esa é a ubicación de Granitos Pazos e ao lado, en vermello, vedes a pista que sube. Debedes seguir por ahí e cando cheguedes ao círculo azul, ahí é onde se atopa o centro de saída e chegada da carreira. Ahí poderedes inscribirvos e desfrutar da festa. A miña recomendación é que aparquedes un pouco máis abaixo xa que non ides poder pasar co coche.

Para aqueles que dispoñades de GPS, as coordenadas do lugar son as seguintes:


42º 24' 41'' N

08º 36' 00" O

Espero vervos por alí!

Unha aperta moi grande e que saia todo ben!

mércores, 14 de agosto de 2013

Un novo día!


Hoxe estivemos facendo case que as últimas compras. Recollemos os trofeos, fixemos fotocopias, fomos a polo seguro da carreira... en definitiva, pode dicirse que xa está case todo atado... 

Se non é a primeira vez que me ledes, saberedes que sempre xorde algunha historia de última hora e hai que ir a solventala... pero malo será!! ;)

Vémonos pronto!!

martes, 13 de agosto de 2013

En marcha!

Como podedes ver, este ano, algunha dificultade estame facendo complicado levar a cabo unha actualización continuada do blogue... Pero o traballo segue!!

Que saibades que seguimos en contacto cos nosos patrocinadores para darvos unha festa moi boa e rastrexamos o mercado na búsqueda dos mellores agasallos para os sorteos de rifas... van ser moi moi moi bos, prometido. Gustaranvos, así que non perdades oportunidade de mercalas en canto poidades!!

Tamén estes días estivemos buscando lugares onde realizar a cea da carreira, que estamos convertendo en tradición, e á cal se pode apuntar todo aquel que o desexe!!

Seguiremos informando... que non queda nada!!