Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

sábado, 17 de agosto de 2013

E aquí vos dicimos como chegar!!

Aquí estamos, un ano máis, neste día previo á Carreira Popular de Pintos. E quero, como non, volver indicarvos por se vos apetece vir e non sabedes, como chegar dende unha zona de Pontevedra moi coñecida, como é o Nó do Pino. Avisarvos que na zona do Marco están en obras, que cambiou algo aquilo, e que vaiades con coidado.

Quero que esta entrada vos sirva de apoio para que saibades chegar dende o nó do Pino ata onde celebraremos a carreira.

 Nesta primeira imaxe indícasevos que tedes que saír dende o nó do Pino en dirección Ponte Caldelas. Por ahí ides pasar por zonas en obras onde se está executando a ampliación do vial Pino-Bora, ides pasar polo Bar Emiliano, pola Casa Cultural de Marcón e, tras pasar esta, debedes estar atentos á dereita e cando vexades unha empresa que se chama GRANITOS PAZOS, xusto ao lado métese unha pista cara arriba, pola que debedes seguir tamén todo recto, como vos indico na segunda imaxe. Haberá tamén algún cartel que previamente colocaremos nós, indicándovos como chegar.

Cun círculo en violeta indicovos que esa é a ubicación de Granitos Pazos e ao lado, en vermello, vedes a pista que sube. Debedes seguir por ahí e cando cheguedes ao círculo azul, ahí é onde se atopa o centro de saída e chegada da carreira. Ahí poderedes inscribirvos e desfrutar da festa. A miña recomendación é que aparquedes un pouco máis abaixo xa que non ides poder pasar co coche.

Para aqueles que dispoñades de GPS, as coordenadas do lugar son as seguintes:


42º 24' 41'' N

08º 36' 00" O

Espero vervos por alí!

Unha aperta moi grande e que saia todo ben!

Ningún comentario: