Isto avanza e non para. Tivemos hoxe (por onte, 13/7/11) a nosa terceira reunión de equipa.
Logramos pornos en contacto co noso proveedor habitual de trofeos e xa estamos á espera dunha resposta para que nolos envíe.
No día de mañá, Fran e eu mesmo imos acoder a varias delegacións de patrocinadores para intentarmos conseguir algo máis neste ano que está difícil para moitos dos vellos patrocinadores, dada a situación económica actual.
En principio, informar que xa podedes contactar con nós para a compra de rifas, xa que xa están á venda (imos ter, como mínimo, 2 xamóns a sortear, ademáis do resto de cousas habituais). Contribuíde con 50cénts por rifa!
Tamén comezamos coa pega de carteis deste ano.
Esperamos sinceiramente que este blog que nos animamos a realizar este ano, poida servirvos para ir coñecendo o traballo que se leva a cabo tras este Marathón de Pintos e o importante que é para nós que todo saia ben.
Detrás estamos un equipo xoven e con ganas de facer un bo traballo.
Unha aperta a todos.
8 comentarios:
pois eso amigos,esto esta en marcha,agora xa non ai volta atrás,jejeje,para mañan temos un par de patrocinodadores cos que falar,que serian de gran axuda neste ano.aver si hay suerte e nos salen as cousas ainda que so sexa un pouco dentro das nosas ideas.veremos que pasa.e eso o k dixo o compañeiro,xa temos rifas a venta,asique por 0,50cent. xa podedes estar poñendo un gran de area pa que este traballo salga a diante e poder pasar unha boa tarde!un saludo
Iso gustame o traballo que estades a pasar, este ano non vos podo axudar pero facedelo vos perfectamente, eu chegarei o dia do marathón pola maña asique podedes contar conmigho para ese dia, bicos.
PD: subir a foto do cartel que quero velo
Pedazo de blog que vos mandástedes!! Moi ben! Moi ben! Moi ben!! :)
JAJAJJA as tecnologias avanzan,cada ano imos a mais
jaja, de quen foi a idea do cartel?????
O cartel fíxoo Gráficas Anduriña, coma sempre, e tomou as fotos da web!
Grazas Cris! :)
A verdade e que xa da traballo o Marathón como para inda facer máis cousas, pero está moi ben.
A pena é a fecha na que a puxéstedes, cadra peñas... Pero bueno, é difícil facer cadrar todo. Moito ánimo e se necesitades axuda xa sabedes donde estou.
O do cartel é a ostia, como me venda pido cobrar dereitos de imagen je,je... era boa, se fago iso a antonio pejalle algo ja,ja.. pois ainda que cadre en peñas a xente vaise a animar igual, os de sempre non nos van a fallar porque xa saben como somos... é con todos os veciños que veñen é nos votan unha man faise mais ameno ó día....
Publicar un comentario