Ola de novo.
Onte tivemos nova reunión do Marathón. Recibimos cartos de venda de rifas e de patrocinadores, e seguimos na busca de máis que desexen unirse ó noso listado.
Tamén acordamos que, no día do marathón, faremos unha exposición de fotos antigas que nos vai proporcionar Basi Villaverde (fillo do iniciador do marathón hai 26 anos) e na cal poderemos ver fotos, tanto de antigos marathóns, como de fitos en épocas pasadas de Pintos, traballos tradicionais e fotos de familia. Con esta iniciativa, pretendemos animar a aqueles que teñades fotos antigas e que vos interese formar parte deste proxecto, a enviárnolas escaneadas a marathonpopulardepintos@gmail.com ou ben, traelas o día do marathón e falar con alguén de nós.
Avisar tamén que seguramente organicemos unha cea, para quen desexe apuntarse, o venres 26 ou sábado 27 de agosto no mesón O Catavento, como fixemos o ano pasado. O prezo rondará algo menos de 20€. Pode anotarse quen desexe, ben póndose en contacto con alguén de nós, ben a través do correo electrónico marathonpopulardepintos@gmail.com ou ben no propio día do Marathón.
Sen máis, convocamos nova reunión o próximo martes 26 de xullo para seguir concretando.
Apertas a todos e lembrade participar!

9 comentarios:
A ver se me lembro de coller algunha que tiña pola casa. Dunha volta coa Landra, empezáramos a facer algo así, pero quedouse en nada... Na do viúdo teñen fotos moi chulas, e na de Paula e Lupe tamén. Dos "Maios" tamén tiñan na casa de Lourdes e na casa d'Aldana... E senón creo recordar mal, teño unha foto que é de Cruz (vaime matar, porque lla tiña que ter devolto...) que é de cando chegou o autobús a Pintos... Teño que escaneala e devolverlla, xa!
Esta idea encántame!!
Ánimos, e que vos saia de marabilla, intentarei mandarvos algunha
Criiiis!! Basi leva un montón de tempo buscando esa foto asique xa lle comentarei que a tes ti! se ma envías ao mail do marathon, imprimímola e poñémola alí no día para que a vexan todos!
A idea está xenial, xa vos irei contando máis pero iso, se a consigues, mándama!
vamos k nos vamos jejejje
este ano o marathon tenme mui boa pinta,con esforzo e ideas todo se consigue.asi me gusta todos botando unha man,e ke non se diga ke a xubentud de pintos non se move!!!!!
Si. Si Basi non a atopa, e que segue estando pola miña casa, seguro. Non te preocupes, que a escaneo e lla devolvo a súa dona... Non teño vergoña!! XDDD
Este finde non vou a casa, para o seguinte, sen fallo, collo esa e miro de outras para escanear e mandarvos tamén.
Hola a todos! Da foto esa da chegada do primeiro autobús, se non me engano, hai bastantes copias; eu mesma teño unha, e grande, ademais. Téñoa en Pintos e agora estou Coimbra, pero se non aparece outra copia busco eu a miña, ok?
Aquí estou, xa podo comentar je,je... pois esto marcha bastante ben, temos unhas ideas cojonudas para darlle vidilla o noso marathón, sin duda a exposición de fotos de outro anos vai ser o mellorciño... así que, a seguir traballando para entre todos poder ter listas todas as cousas para o día do marathón!!!!
Sonia, a ver se lle podes dicir a teu pai onde está por se non aparece jaja que sempre di que ten mil fotos pero que non ten tempo de buscalas!!
Pois agora a foto esta na miña casa jajaja, douma miña nai con outras para a escaneara. Vou enviandoas pouco a pouco.
Asi me gusta, todos a colaborar, e eu aqui no cu do mundo, non sei se na miña casa hai fotos, pero creo que algunha si, de cando era o marathon na de Almón e se non recordo mal tamén teño unha de Manolo o do cuña vestido de muller chegando a meta. jaja.
Bueno xa lle direi a meu irman que busque, de todos modos creo que basi ten copia de todas.
Publicar un comentario