Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

sábado, 2 de xullo de 2011

Comezamos co XXVI Marathón Popular de Pintos'11



Benvidos,

xa estamos aquí, preparándonos un ano máis para comezar con este ilusionante proxecto.
Son moitos os anos que levamos facendo esta carreira popular en Pintos, a cal comezou como unha pequena carreira con 4 veciños e que a día de hoxe temos unha mecánica máis avanzada.


Depositamos moito traballo e moita ilusión neste proxecto porque nos parece moi interesante, unha forma de xuntarmos aos veciños e pasar unha alegre tarde de verán!


Anímovos a que vos pasedes por este blog, que intentarei actualizar o máximo posible para que vaiades comprobando como funcionamos e que vos animedes a participar nesta gran festa!
Estades todos convidados.


E ben, esta tarde imos reunirnos os organizadores para ir comezando co proxecto por vixésimo sexto ano consecutivo.
Unha grande aperta

1 comentario:

Sonia Villaverde dixo...

Ánimo a todos e que vos saia moi ben o Marathón, como sempre.
Alberto, eres un crack.