Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

venres, 12 de agosto de 2011

COMO CHEGAR DENDE O NÓ DO PINO

Xa é o día antes!!
Non escribin nada estes días a verdade, porque andivemos bastante liados e quería que esta entrada que vou facer hoxe vos serva de apoio para que saibades chegar dende o nó do Pino ata onde celebraremos mañá a carreira.
 Nesta primeira imaxe indícasevos que tedes que saír dende o nó do Pino en dirección Ponte Caldelas. Por ahí ides pasar por zonas en obras onde se está executando a ampliación do vial Pino-Bora, ides pasar polo Bar Emiliano, pola Casa Cultural de Marcón e, tras pasar esta, debedes estar atentos á dereita e cando vexades unha empresa que se chama GRANITOS PAZOS, xusto ao lado métese unha pista cara arriba, pola que debedes seguir tamén todo recto, como vos indico na segunda imaxe
Cun círculo en violeta indicovos que esa é a ubicación de Granitos Pazos e ao lado, en vermello, vedes a pista que sube. Debedes seguir por ahí e cando cheguedes ao círculo azul, ahí é onde se atopa o centro de saída e chegada da carreira. Ahí poderedes inscribirvos e desfrutar da festa. A miña recomendación é que aparquedes un pouco máis abaixo xa que non ides poder pasar co coche.

Para aqueles que dispoñades de GPS, as coordenadas do lugar son as seguintes:


42º 24' 41'' N
08º 36' 00" O

Espero vervos por alí!
Unha aperta moi grande e que saia todo ben!

PD. Case me esquezo, esta foto somos os organizadores da pasada edición e seguimos estando case todos!

2 comentarios:

fran dixo...

mui ben detayado todo,asi me gusta

Iván dixo...

sí, estou de acuerdo, todo ben feito é ben explicado... pois nada chavales, mañan e ó gran día donde se mirarán todos os nosos esforzos recompensados..!!!! é esa foto volveremos a repetila outro ano mais je,je... a por todas!!!!!!