Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

xoves, 4 de agosto de 2011

Día 6: os patrocinadores

Estamos na semana previa xa, e moitos dos nosos patrocinadores están completados (como podedes ver, aumentou a lista situada á esquerda desta entrada). Así e todo, algúns dos nosos patrocinadores non teñen sitio na internet, co cal procuramos conseguir unha tarxeta para que todos poidades ter acceso a eles e chamalos cando precisedes o servizo que proporcionan.
A verdade é que estamos moi orgullosos deles xa que moitos levan grande tempo traballando con nós e outros, anque máis recentes, decidimos acudir a eles porque sabemos que ofertan un servizo de calidade. Sabemolo porque son os nosos lugares de confianza na nosa vida privada, onde acudimos cando o precisamos, por eso mesmo fago esta entrada, para aparte de agradecerlle con moita forza o seu apoio, para animarvos a que confiedes neles porque son xente moi boa e que sabe moi ben o que fai.

Quero tamén, nesta última entrada da semana previa, animarvos a que nos axudedes a difundir esta páxina para que sexamos, cantos máis mellor, nesta pequena comunidade que estamos creando, e que nos levou a superar as 800 visitas no noso primeiro mes de vida. Queremos que a difundades para que o próximo 13 de agosto poidamos pasar unha moi pero que moi agradable tarde e, que o tempo acompañe, dende logo que, segundo os pronósticos a día de hoxe, vai ser así.

Agora vou incluír unha foto que é tradición, xa que tódolos anos a facemos. Nesta concretamente, saímos un pequeno grupo de organizadores. Sen embargo, xa subirei outra na que se nos vexa a todos.


Anda que non choveu nin nada dende esta foto, jaja


Moitas grazas a todos, de veras!

7 comentarios:

fran dixo...

o grillino 127 sempre presente en toas as edicions do marathon!!!!! jejejeje
vamos k nos vamos

Carmela dixo...

jaja, a verdade e que si, para trasportar todolos agasallos e trofeos, bueno rapaces xa non queda nada, veredes como este ano vai sair todo xenial. Estades traballando moi ben, pero sabedes que logo e mais dificil para superarvos ano a ano. jiji.
Bicos a todos.

Iván dixo...

Moi ben falado alberto, sí señor,a xente que visita ó blog é sobretodo os patrocinadores vaille gustar moito esta entrada... pois nada, queda unha semana para os últimos preparativos do marathón é esperemos que salga todo ben é o pasamos genial todos xuntos je,je... ahh, é a foto no chipím de antonio non vai a faltar este ano je,je.. a por todas!!!

Esteban dixo...

jajajjajajaj por supuesto k seria o marathon sin esas keimadas de roda do grillino ajjaja

Carmela dixo...

eiiii que xa non falta nadaaaaa

Iván dixo...

Vamooossssss!!!!!! xa sólo quedan 3 días é ainda hay que ultimar detalles... todos xuntos un último esforzo!!!!

Esteban dixo...

vamoss k so keda oxe mañan e o garn día jajjaja