A verdade é que dende o sábado estiven pensando en como escribir e como expresar o que realmente quero. Estou moi contento porque, a pesares de que non todo saíu como nos esperábamos, a verdade é que, polo menos para min, é un día que me alegra moito. A pesares de que temos os nosos fallos, claro que sí, pero sempre está ahí unha persoa que nos pode corrixir, outra que nos dí en que mellorar, outra que nos conta as súas experiencias... outra que se ofende, porque claro, é coma en todo, hai xente que chega por primeira vez e se ofende pensando que era outra cousa. A eles queremos pedirlles perdón, se non se atoparon co que pensaron que era, pero queremos animalos a que sigan vindo e uníndose a nós, porque senon, nunca imos poder seguir evolucionando. Quen nos ía dicir hai un ano que a día de hoxe teríamos un blog coma este? ou que sei eu, que iamos ter tantos sorteos coma tivemos?
Persoalmente, a min o día do marathón prodúceme sempre unha alegría incesante porque, sexa por ver a xente que hai tempo que non ves, outros que veñen dende fóra e che alegra ver o preparados que están e a facilidade que teñen, algún chiste de Santi dende o micro (veñen coma "fffffflechasssssss"); algunha das míticas frases de Iván ("vanvos vendeeeer", "arráncame de aquí" ...); as eternas teimas de Antonio ("hai que ir desbrozar"); ao Paco Fiesta ("cajo en dios"-coa súa voz, claro-); a Esteban lembrándome todo; a Pexe, por crear o mundo e permitir que isto sexa posible; a Santi o pequeno escapando da abuela ou levándose un xamón e uns kirikos a todo meter; a Miguel, Luis, Álex, Nuria, Noemi e Celia, chegando sempre tarde; a xente que nos axuda sempre no día (Raúl, toda a familia de Fran, Olguita e fillos, Noelia, Basilio...), a aqueles que nos botan unha man dende fóra sempre que poden (Carmela, Luis, Basi...). A todos, sempre lles estarei agradecido por facerme pasar un bo día. Espero que a vós tamén volo fixeran pasar, que saibades perdoar os nosos fallos, dos que moitos me sinto responsable, e que nos axudedes a mellorar co que sexa, suxerencias, apoios, o que sexa... E que volvades, sobre todo que volvades, porque xa se sabe que non é o importante tanto gañar, senón pasar esa tarde en compañía e botarte unhas risadas de cando en vez, que non está xa suficientemente mal a vida como para estar pensando niso seguido, o mellor é desconectar unha tarde para volver a rutina noutro momento.
Aquí vos espero dentro de algo menos dun ano!
PD. quero lembrárvos a aqueles que vos interese a cea que estamos organizando, que vos poñades en contacto con nós a través deste correo: marathonpopulardepintos@gmail.com se queredes vir, ou que nos chamedes ou faledes con nós, antes do día 20
4 comentarios:
Moi ben expresado todo alberto eres un fenomeno e sinon e por ti dificilmente poderiamos facer o marathón e moito menos o blog e outras moitas cousas.
grazas a ti por todas esas cousas e a tua paciencia nalgúns momentos!!
si señor berto nin o papa o diria mellor. o blog e unha das moitisimas cousas que fas no marathón pero tamén hai que andar dunlado para outro que si o periodico que si os patrocinadores... sin ti seria dificilisimo traer tanta xente, entón queriache perdir perdón polos meu erros(os do día do marathón e eso anteriores jejeje)e agradecer o teu grandisimo esforzo.
PD:Hasta o ano, marathón!!
noraboa por este blog que te curraches!!!!! este ano sin duda foches un dos puntales principales(antonio,berto)para levar todo esto a diante ;).dentro do que cabe,sabemos que as cousas saliron de ben por encima do que nos tiñamos pensado.dos fallos aprendese,asique po ano(como di a xente maior)"si dios quere e nos deixa chejar ala"jejejeje,volveremos a intentalo unha vez mais.gracias a todos por asistir,gracias os patrocinodadores,grazas a toda esa xentiña que no dia sempre arriman o ombro no que sea sin ter que pedirllo.....que mais decir.....orgulloso de que en pintos se poidan xegar a facer todo o que nos propoñamos,porque sempre ai quen te anime,e quen che de sua opinion.arriba o marathon de pintos!!!!!!,xa que dende hai cousa de once anos foronnos metendo poukiño a pouco,os anos pasaron,pasaran e queeremos que esto siga adiante.
un saludo amigos, ;)
Grazás a vos rapaces por seguir ahí facendo posible esta xuntanza, porque a pesar de todo, e algo para xuntar os veciños e como ben dia alberto e unha forma de ver a esa xente que non se ve habitualmente.
Un saúdo a todos, e noraboa por todo o que facedes.
E no vos preocupedes tanto polos fallos que eu creo que non houbo ningún.
Publicar un comentario