Ola a todos!
Como vai iso? Esperamos que todo vaia mellorando logo destes pasados días, que foron un pouco convulsos a raíz do fatal accidente de tren en Santiago de Compostela. Dende a organización da Carreira Popular de Pintos, queremos expresar as nosas máis
profundas condolencias aos afectados por esta terríbel traxedia.
Así mesmo, aproveitamos para informarvos que
xa está en marcha a XXVIII Edición da Carreira Popular de Pintos. Douvos conta de como vai a historia: esta mañá estivemos reunidos os organizadores e nos vindeiros días comezaremos a contactar cos patrocinadores e proveedores desta festa xa arraigada na nosa zona. A venda de rifas está en marcha, polo que se inda non as tedes, podedes solicitárnolas a través do formulario de contacto desta mesma páxina. Como sempre, teñen un custo de 50 céntimos cada unha pero a cambio, poderedes levarvos un moi bo premio! Nos próximos días iremos revelándovolos... pero non van faltar as patas de porco!! Os cartaces anunciadores da carreira irémolos pegando nos próximos días para que a xente se informe... e así vai a cousa!!
Esperamos vervos a todos o vindeiro
17 de agosto en Marcón... non vos vai decepcionar!!
Seguiremos informando ;)
Pd. Se queredes colaborar, como sexa, podedes poñervos en contacto con nós dende o formulario, que estaremos encantados!! Grazas.