Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

venres, 27 de xullo de 2012

Ola guap@s!!
Estamos a 27 de xullo e xa falta menos para a Carreira popular deste ano!! Como ben sabedes, este ano realizarémola o día 11 de agosto e alí espero vervos a todos!

Onte tivemos unha reunión o equipo organizador, na que procedemos a repartir os cartaces deste ano e as rifas que debedes mercar para optar aos sorteos (todo doado, como tódolos anos, por Gráficas Anduriña. Moitas grazas!!). E a verdade é que este ano os cartaces, que despois subirei unha imaxe para que os vexades, quedaron chulísimos!!

Pois si, os nosos membros xa teñen no seu poder as rifas... bulide para mercalas!! Os sorteos deste ano, a pesares da famosa crise, non vos van defraudar xa que manteremos o nivel doutros anos e tentaremos incluso melloralo!!

Tamén nos próximos días comezaremos as conversas coas casas patrocinadoras, que cada ano nos obsequian con agasallos e doazóns. Agradecémoslles xa de antemán a súa colaboración e instámosvos a consumir nos seus respectivos negocios, que iremos colgando aquí na web para que saibades quenes son, porque a verdade, son empresas de total confianza e con moito tempo de traxectoria.

Por último, comentarvos que nos próximos días tamén comezaremos coas compras de todo o necesario para a celebración deste ano. Lembrade que podedes contactar con nós nos links desta mesma páxina e en marathonpopulardepintos@gmail.com

Apertas amig@s!!

venres, 13 de xullo de 2012

Fotos da XXVI Carreira Popular de Pintos

Se queredes ver as fotos da pasada edición, clicade na 1ª. Logo, enviaravos a outra páxina. Teredes que ir desplazándovos nas fotos coas flechiñas do teclado.

NOTA: SE QUEREDES AS FOTOS, PEDÍDEMAS NO MAIL marathonpopulardepintos@gmail.com porque seguramente non se poidan descargar dende onde accededes!!

XXVI Carreira Popular de Pintos 2011  XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
XXVI Carreira Popular de Pintos 2011ñXXVI CarreirXXVI Carreira Popular de Pintos 2011a Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
Lembrade que, se seguides lendo, atoparedes a 1ª entrada desta edición algo máis abaixo.

XXVII CARREIRA POPULAR DE PINTOS: SÁBADO 11 DE AGOSTO 2012

Ola de novo!!
Aquí estamos para dar a saída...
Foto: Jorge Rodríguez Ampudia

Vale vale, non só me refería a esta saída... tamén me refiro á saída da, vouno dicir ben alto por se alguén non me escoita, porque é un dato moi importante: VIXÉSIMO SÉTIMA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DE PINTOS!!
Fua... vinta e sete anos con esta carreira... parece que foi onte... e iso que eu inda non nacera!! :)

A verdade é que estamos moi ilusionados con este novo ano e queremos organizar unha carreira popular boa e facer esquecer á xente, a lo menos por unha tarde, deses problemas que cada día máis sufrimos. E como non, unha xornada de convivencia veciñal na que todos nos divirtamos, botemos unhas carreiras, comamos unha pouca empanada e participemos nos sorteos porque, quen sabe... e se toca?

De momento, só podemos dicirvos que esta edición se realizará o próximo SÁBADO 11 DE AGOSTO DE 2012 !!

Conto con vervos alí e, mentres tanto, que me vaiades lendo por aquí, que algo vos irei contando.
Apertas a todos!!