Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

venres, 13 de xullo de 2012

XXVII CARREIRA POPULAR DE PINTOS: SÁBADO 11 DE AGOSTO 2012

Ola de novo!!
Aquí estamos para dar a saída...
Foto: Jorge Rodríguez Ampudia

Vale vale, non só me refería a esta saída... tamén me refiro á saída da, vouno dicir ben alto por se alguén non me escoita, porque é un dato moi importante: VIXÉSIMO SÉTIMA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DE PINTOS!!
Fua... vinta e sete anos con esta carreira... parece que foi onte... e iso que eu inda non nacera!! :)

A verdade é que estamos moi ilusionados con este novo ano e queremos organizar unha carreira popular boa e facer esquecer á xente, a lo menos por unha tarde, deses problemas que cada día máis sufrimos. E como non, unha xornada de convivencia veciñal na que todos nos divirtamos, botemos unhas carreiras, comamos unha pouca empanada e participemos nos sorteos porque, quen sabe... e se toca?

De momento, só podemos dicirvos que esta edición se realizará o próximo SÁBADO 11 DE AGOSTO DE 2012 !!

Conto con vervos alí e, mentres tanto, que me vaiades lendo por aquí, que algo vos irei contando.
Apertas a todos!!

3 comentarios:

Carmela dixo...

Despois de tantos anos este debe ser o primeiro q non estarei.... Joooo q peniña

Alberto Oubiña dixo...

como queee? non hai maneira de que te escapes?

Carmela dixo...

bueno rapaces.... según pasen estes dias verei si podo acudir ou non... porque a verdade que me da pena no estar ahi.... asique si podo escaparme fareino.