Ola guap@s!!
Estamos a 27 de xullo e xa falta menos para a Carreira popular deste ano!! Como ben sabedes, este ano realizarémola o día 11 de agosto e alí espero vervos a todos!
Onte tivemos unha reunión o equipo organizador, na que procedemos a repartir os cartaces deste ano e as rifas que debedes mercar para optar aos sorteos (todo doado, como tódolos anos, por Gráficas Anduriña. Moitas grazas!!). E a verdade é que este ano os cartaces, que despois subirei unha imaxe para que os vexades, quedaron chulísimos!!
Pois si, os nosos membros xa teñen no seu poder as rifas... bulide para mercalas!! Os sorteos deste ano, a pesares da famosa crise, non vos van defraudar xa que manteremos o nivel doutros anos e tentaremos incluso melloralo!!
Tamén nos próximos días comezaremos as conversas coas casas patrocinadoras, que cada ano nos obsequian con agasallos e doazóns. Agradecémoslles xa de antemán a súa colaboración e instámosvos a consumir nos seus respectivos negocios, que iremos colgando aquí na web para que saibades quenes son, porque a verdade, son empresas de total confianza e con moito tempo de traxectoria.
Por último, comentarvos que nos próximos días tamén comezaremos coas compras de todo o necesario para a celebración deste ano. Lembrade que podedes contactar con nós nos links desta mesma páxina e en marathonpopulardepintos@gmail.com
Apertas amig@s!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario