Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

martes, 7 de agosto de 2012

Non falta nada!!!
Apenas uns días para a vixésimo-sétima edición da Carreira Popular de Pintos. Estamos ultimando os detalles para que todo saia o melllor posible.
Volvo, unha vez máis, a animarvos a que vos animedes a vir a Pintos (subirei o día antes as indicacións para chegar), e tentarei darvos as coordenadas GPS para que as introduzades e ese aparello vos guíe.

Estamos tamén actualizando a nosa lista de patrocinadores deste ano e tamén dispoñemos da entrevista que nos realizaron no Diario de Pontevedra hai uns días, podédela ler aquí nun dos laterais.

Quero vervos alí!!!

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Veña cantos máis sexamos mellor o pasaremos!!!!

Anónimo dixo...

Xa falta pouco!!!!! espero que xa teñades casi todo listo para o sabado haber os regalos que tedes este ano para sortear jaja

Anónimo dixo...

vai ou non vai?? como tedes todo rapaces?'? espero que este casi todo preparado...

Alberto Oubiña dixo...

vai ben, vai ben!! xa está case todo listo, vémonos por alí o sábado!!