Este blog trata sobre como van evolucionando, decisións que imos tomando e novidades, así como fotos e vídeos sobre os distintos Marathons (AGORA CARREIRA POPULAR) que levamos realizando en Pintos dende hai máis dun cuarto de século!

Anímate a comentar para compartir cos demais as túas experiencias en Marcón!

sábado, 26 de xullo de 2014

Mudámonos!

Ola a tod@s!!

Dámosvos conta de que este ano decicimos mudar o noso dominio web para unha páxina de Facebook, co cal deixaremos de actualizar o blogue :(

Animámosvos, pois, a que vos acheguedes por https://www.facebook.com/carreirapopulardePintos e que lle botedes un ollo á nosa páxina e, se vos interesa, que lle deades a "Gústame" e que a compartades coas vosas amizades para poder chegar a un maior número de xente!!

Se vos apetece, tamén podedes compartir ou chegar ao noso Facebook a través do seguinte código QR que, escaneado cunha aplicación lectora destes códigos, engádelle unha sinxeleza maior para chegar á xente.


MOITAS GRAZAS A TOD@S POLO TEMPO QUE COMPARTISTES AQUÍ CONNOSCO!

SEGUÍMONOS VENDO NO FACEBOOK E, DENDE LOGO, NA NOVA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DE PINTOS 2014!



luns, 19 de agosto de 2013

Un par de vídeos...

Ola!!
Espero que disfrutárades ao máximo desta edición da Carreira Popular de Pintos!! Para o ano máis... e intentaremos que sexa mellor ou, cando menos, igual!
Déixovos un par de vídeos para aqueles que non puidestes asistir...

Neste de aquí, hai un saúdo panorámico dos que vos achegastes até alí... Co noso super presentador, Santi, en primeirísima plana :D

Neste outro, fágovos sufrir un pouco... é o sorteo final deste ano, o sorteo dunha magnífica tablet de 7 polgadas e que sorprendeu a máis de un!!


Ata o vindeiro anoooooooooooo...!!!


sábado, 17 de agosto de 2013

E aquí vos dicimos como chegar!!

Aquí estamos, un ano máis, neste día previo á Carreira Popular de Pintos. E quero, como non, volver indicarvos por se vos apetece vir e non sabedes, como chegar dende unha zona de Pontevedra moi coñecida, como é o Nó do Pino. Avisarvos que na zona do Marco están en obras, que cambiou algo aquilo, e que vaiades con coidado.

Quero que esta entrada vos sirva de apoio para que saibades chegar dende o nó do Pino ata onde celebraremos a carreira.

 Nesta primeira imaxe indícasevos que tedes que saír dende o nó do Pino en dirección Ponte Caldelas. Por ahí ides pasar por zonas en obras onde se está executando a ampliación do vial Pino-Bora, ides pasar polo Bar Emiliano, pola Casa Cultural de Marcón e, tras pasar esta, debedes estar atentos á dereita e cando vexades unha empresa que se chama GRANITOS PAZOS, xusto ao lado métese unha pista cara arriba, pola que debedes seguir tamén todo recto, como vos indico na segunda imaxe. Haberá tamén algún cartel que previamente colocaremos nós, indicándovos como chegar.

Cun círculo en violeta indicovos que esa é a ubicación de Granitos Pazos e ao lado, en vermello, vedes a pista que sube. Debedes seguir por ahí e cando cheguedes ao círculo azul, ahí é onde se atopa o centro de saída e chegada da carreira. Ahí poderedes inscribirvos e desfrutar da festa. A miña recomendación é que aparquedes un pouco máis abaixo xa que non ides poder pasar co coche.

Para aqueles que dispoñades de GPS, as coordenadas do lugar son as seguintes:


42º 24' 41'' N

08º 36' 00" O

Espero vervos por alí!

Unha aperta moi grande e que saia todo ben!

mércores, 14 de agosto de 2013

Un novo día!


Hoxe estivemos facendo case que as últimas compras. Recollemos os trofeos, fixemos fotocopias, fomos a polo seguro da carreira... en definitiva, pode dicirse que xa está case todo atado... 

Se non é a primeira vez que me ledes, saberedes que sempre xorde algunha historia de última hora e hai que ir a solventala... pero malo será!! ;)

Vémonos pronto!!

martes, 13 de agosto de 2013

En marcha!

Como podedes ver, este ano, algunha dificultade estame facendo complicado levar a cabo unha actualización continuada do blogue... Pero o traballo segue!!

Que saibades que seguimos en contacto cos nosos patrocinadores para darvos unha festa moi boa e rastrexamos o mercado na búsqueda dos mellores agasallos para os sorteos de rifas... van ser moi moi moi bos, prometido. Gustaranvos, así que non perdades oportunidade de mercalas en canto poidades!!

Tamén estes días estivemos buscando lugares onde realizar a cea da carreira, que estamos convertendo en tradición, e á cal se pode apuntar todo aquel que o desexe!!

Seguiremos informando... que non queda nada!!

sábado, 27 de xullo de 2013

Benvido, 2013!

Ola a todos!

Como vai iso? Esperamos que todo vaia mellorando logo destes pasados días, que foron un pouco convulsos a raíz do fatal accidente de tren en Santiago de Compostela. Dende a organización da Carreira Popular de Pintos, queremos expresar as nosas máis profundas condolencias aos afectados por esta terríbel traxedia.

Así mesmo, aproveitamos para informarvos que xa está en marcha a XXVIII Edición da Carreira Popular de Pintos. Douvos conta de como vai a historia: esta mañá estivemos reunidos os organizadores e nos vindeiros días comezaremos a contactar cos patrocinadores e proveedores desta festa xa arraigada na nosa zona. A venda de rifas está en marcha, polo que se inda non as tedes, podedes solicitárnolas a través do formulario de contacto desta mesma páxina. Como sempre, teñen un custo de 50 céntimos cada unha pero a cambio, poderedes levarvos un moi bo premio! Nos próximos días iremos revelándovolos... pero non van faltar as patas de porco!! Os cartaces anunciadores da carreira irémolos pegando nos próximos días para que a xente se informe... e así vai a cousa!!

Esperamos vervos a todos o vindeiro 17 de agosto en Marcón... non vos vai decepcionar!!

Seguiremos informando ;)

Pd. Se queredes colaborar, como sexa, podedes poñervos en contacto con nós dende o formulario, que estaremos encantados!! Grazas.

martes, 21 de agosto de 2012

Posteriori

Quero felicitar a toda a organización e a tódolos colaboradores por esta nova edición que realizamos a pasada semana. Estou moi orgulloso do traballo realizado e de como se desenrolou o día. Non teño máis que eloxios para todos os que currastes día tras día e para os nosos patrocinadores, por poñérnolo tan fácil. E por suposto, aos asistentes.
 Foi un bo ano en tódolos sentidos para a Carreira Popular de Pintos.

Vémonos este venres na cea, no Restaurante Cataventos!!

Saúdos e ata pronto :)

venres, 10 de agosto de 2012

COMO CHEGAR

Aquí estamos, un ano máis, neste día previo á Carreira Popular de Pintos. E quero, como non, volver indicarvos por se vos apetece vir e non sabedes, como chegar dende unha zona de Pontevedra moi coñecida, como é o Nó do Pino. Avisarvos que na zona do Marco están en obras, que cambiou algo aquilo, e que vaiades con coidado.

Quero que esta entrada vos sirva de apoio para que saibades chegar dende o nó do Pino ata onde celebraremos a carreira.
 Nesta primeira imaxe indícasevos que tedes que saír dende o nó do Pino en dirección Ponte Caldelas. Por ahí ides pasar por zonas en obras onde se está executando a ampliación do vial Pino-Bora, ides pasar polo Bar Emiliano, pola Casa Cultural de Marcón e, tras pasar esta, debedes estar atentos á dereita e cando vexades unha empresa que se chama GRANITOS PAZOS, xusto ao lado métese unha pista cara arriba, pola que debedes seguir tamén todo recto, como vos indico na segunda imaxe. Haberá tamén algún cartel que previamente colocaremos nós, indicándovos como chegar.

Cun círculo en violeta indicovos que esa é a ubicación de Granitos Pazos e ao lado, en vermello, vedes a pista que sube. Debedes seguir por ahí e cando cheguedes ao círculo azul, ahí é onde se atopa o centro de saída e chegada da carreira. Ahí poderedes inscribirvos e desfrutar da festa. A miña recomendación é que aparquedes un pouco máis abaixo xa que non ides poder pasar co coche.

Para aqueles que dispoñades de GPS, as coordenadas do lugar son as seguintes:


42º 24' 41'' N

08º 36' 00" O
Espero vervos por alí!
Unha aperta moi grande e que saia todo ben!

martes, 7 de agosto de 2012

Non falta nada!!!
Apenas uns días para a vixésimo-sétima edición da Carreira Popular de Pintos. Estamos ultimando os detalles para que todo saia o melllor posible.
Volvo, unha vez máis, a animarvos a que vos animedes a vir a Pintos (subirei o día antes as indicacións para chegar), e tentarei darvos as coordenadas GPS para que as introduzades e ese aparello vos guíe.

Estamos tamén actualizando a nosa lista de patrocinadores deste ano e tamén dispoñemos da entrevista que nos realizaron no Diario de Pontevedra hai uns días, podédela ler aquí nun dos laterais.

Quero vervos alí!!!

venres, 27 de xullo de 2012

Ola guap@s!!
Estamos a 27 de xullo e xa falta menos para a Carreira popular deste ano!! Como ben sabedes, este ano realizarémola o día 11 de agosto e alí espero vervos a todos!

Onte tivemos unha reunión o equipo organizador, na que procedemos a repartir os cartaces deste ano e as rifas que debedes mercar para optar aos sorteos (todo doado, como tódolos anos, por Gráficas Anduriña. Moitas grazas!!). E a verdade é que este ano os cartaces, que despois subirei unha imaxe para que os vexades, quedaron chulísimos!!

Pois si, os nosos membros xa teñen no seu poder as rifas... bulide para mercalas!! Os sorteos deste ano, a pesares da famosa crise, non vos van defraudar xa que manteremos o nivel doutros anos e tentaremos incluso melloralo!!

Tamén nos próximos días comezaremos as conversas coas casas patrocinadoras, que cada ano nos obsequian con agasallos e doazóns. Agradecémoslles xa de antemán a súa colaboración e instámosvos a consumir nos seus respectivos negocios, que iremos colgando aquí na web para que saibades quenes son, porque a verdade, son empresas de total confianza e con moito tempo de traxectoria.

Por último, comentarvos que nos próximos días tamén comezaremos coas compras de todo o necesario para a celebración deste ano. Lembrade que podedes contactar con nós nos links desta mesma páxina e en marathonpopulardepintos@gmail.com

Apertas amig@s!!

venres, 13 de xullo de 2012

Fotos da XXVI Carreira Popular de Pintos

Se queredes ver as fotos da pasada edición, clicade na 1ª. Logo, enviaravos a outra páxina. Teredes que ir desplazándovos nas fotos coas flechiñas do teclado.

NOTA: SE QUEREDES AS FOTOS, PEDÍDEMAS NO MAIL marathonpopulardepintos@gmail.com porque seguramente non se poidan descargar dende onde accededes!!

XXVI Carreira Popular de Pintos 2011  XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
XXVI Carreira Popular de Pintos 2011ñXXVI CarreirXXVI Carreira Popular de Pintos 2011a Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011XXVI Carreira Popular de Pintos 2011
Lembrade que, se seguides lendo, atoparedes a 1ª entrada desta edición algo máis abaixo.

XXVII CARREIRA POPULAR DE PINTOS: SÁBADO 11 DE AGOSTO 2012

Ola de novo!!
Aquí estamos para dar a saída...
Foto: Jorge Rodríguez Ampudia

Vale vale, non só me refería a esta saída... tamén me refiro á saída da, vouno dicir ben alto por se alguén non me escoita, porque é un dato moi importante: VIXÉSIMO SÉTIMA EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR DE PINTOS!!
Fua... vinta e sete anos con esta carreira... parece que foi onte... e iso que eu inda non nacera!! :)

A verdade é que estamos moi ilusionados con este novo ano e queremos organizar unha carreira popular boa e facer esquecer á xente, a lo menos por unha tarde, deses problemas que cada día máis sufrimos. E como non, unha xornada de convivencia veciñal na que todos nos divirtamos, botemos unhas carreiras, comamos unha pouca empanada e participemos nos sorteos porque, quen sabe... e se toca?

De momento, só podemos dicirvos que esta edición se realizará o próximo SÁBADO 11 DE AGOSTO DE 2012 !!

Conto con vervos alí e, mentres tanto, que me vaiades lendo por aquí, que algo vos irei contando.
Apertas a todos!!

sábado, 10 de setembro de 2011

II Cea Marathón Popular de Pintos

Ola!
Pensabades que xa non se ía actualizar o blogue despois do Marathón? já! claro que o vou actualizar!
Polo momento, aquí vos deixo algunhas fotos da cea que realizamos con motivo do Marathón. Nela reunímonos os veciños e toda a xente que así o desexou, para pasar unha velada xuntos nun restaurante en Poio (ao final cambiamos o destino) e a verdade estivo moi ben. Éramos 55, todos amigos, veciños, coñecidos... e está aberta a quen desexxe vir en vindeiros anos, así que xa sabedes!
Unha aperta a todos!





martes, 16 de agosto de 2011

"A posteriori"

Quería escribir esta entrada agora que esta vixésimo sexta edición do marathón rematou.
A verdade é que dende o sábado estiven pensando en como escribir e como expresar o que realmente quero. Estou moi contento porque, a pesares de que non todo saíu como nos esperábamos, a verdade é que, polo menos para min, é un día que me alegra moito. A pesares de que temos os nosos fallos, claro que sí, pero sempre está ahí unha persoa que nos pode corrixir, outra que nos dí en que mellorar, outra que nos conta as súas experiencias... outra que se ofende, porque claro, é coma en todo, hai xente que chega por primeira vez e se ofende pensando que era outra cousa. A eles queremos pedirlles perdón, se non se atoparon co que pensaron que era, pero queremos animalos a que sigan vindo e uníndose a nós, porque senon, nunca imos poder seguir evolucionando. Quen nos ía dicir hai un ano que a día de hoxe teríamos un blog coma este? ou que sei eu, que iamos ter tantos sorteos coma tivemos?

Persoalmente, a min o día do marathón prodúceme sempre unha alegría incesante porque, sexa por ver a xente que hai tempo que non ves, outros que veñen dende fóra e che alegra ver o preparados que están e a facilidade que teñen, algún chiste de Santi dende o micro (veñen coma "fffffflechasssssss"); algunha das míticas frases de Iván ("vanvos vendeeeer", "arráncame de aquí" ...); as eternas teimas de Antonio ("hai que ir desbrozar"); ao Paco Fiesta ("cajo en dios"-coa súa voz, claro-); a Esteban lembrándome todo; a Pexe, por crear o mundo e permitir que isto sexa posible; a Santi o pequeno escapando da abuela ou levándose un xamón e uns kirikos a todo meter; a Miguel, Luis, Álex, Nuria, Noemi e Celia, chegando sempre tarde; a xente que nos axuda sempre no día (Raúl, toda a familia de Fran, Olguita e fillos, Noelia, Basilio...), a aqueles que nos botan unha man dende fóra sempre que poden (Carmela, Luis, Basi...). A todos, sempre lles estarei agradecido por facerme pasar un bo día. Espero que a vós tamén volo fixeran pasar, que saibades perdoar os nosos fallos, dos que moitos me sinto responsable, e que nos axudedes a mellorar co que sexa, suxerencias, apoios, o que sexa... E que volvades, sobre todo que volvades, porque xa se sabe que non é o importante tanto gañar, senón pasar esa tarde en compañía e botarte unhas risadas de cando en vez, que non está xa suficientemente mal a vida como para estar pensando niso seguido, o mellor é desconectar unha tarde para volver a rutina noutro momento.

Aquí vos espero dentro de algo menos dun ano!

PD. quero lembrárvos a aqueles que vos interese a cea que estamos organizando, que vos poñades en contacto con nós a través deste correo: marathonpopulardepintos@gmail.com se queredes vir, ou que nos chamedes ou faledes con nós, antes do día 20

PD2. Neste video que vos inserto agora, podedes ver unhas cantas das fotos antigas das que dispoño eu e que se puideron ver na exposición, algúnha que non se viu e tamén algunha deste ano. Unha aperta

venres, 12 de agosto de 2011

COMO CHEGAR DENDE O NÓ DO PINO

Xa é o día antes!!
Non escribin nada estes días a verdade, porque andivemos bastante liados e quería que esta entrada que vou facer hoxe vos serva de apoio para que saibades chegar dende o nó do Pino ata onde celebraremos mañá a carreira.
 Nesta primeira imaxe indícasevos que tedes que saír dende o nó do Pino en dirección Ponte Caldelas. Por ahí ides pasar por zonas en obras onde se está executando a ampliación do vial Pino-Bora, ides pasar polo Bar Emiliano, pola Casa Cultural de Marcón e, tras pasar esta, debedes estar atentos á dereita e cando vexades unha empresa que se chama GRANITOS PAZOS, xusto ao lado métese unha pista cara arriba, pola que debedes seguir tamén todo recto, como vos indico na segunda imaxe
Cun círculo en violeta indicovos que esa é a ubicación de Granitos Pazos e ao lado, en vermello, vedes a pista que sube. Debedes seguir por ahí e cando cheguedes ao círculo azul, ahí é onde se atopa o centro de saída e chegada da carreira. Ahí poderedes inscribirvos e desfrutar da festa. A miña recomendación é que aparquedes un pouco máis abaixo xa que non ides poder pasar co coche.

Para aqueles que dispoñades de GPS, as coordenadas do lugar son as seguintes:


42º 24' 41'' N
08º 36' 00" O

Espero vervos por alí!
Unha aperta moi grande e que saia todo ben!

PD. Case me esquezo, esta foto somos os organizadores da pasada edición e seguimos estando case todos!

xoves, 4 de agosto de 2011

Día 6: os patrocinadores

Estamos na semana previa xa, e moitos dos nosos patrocinadores están completados (como podedes ver, aumentou a lista situada á esquerda desta entrada). Así e todo, algúns dos nosos patrocinadores non teñen sitio na internet, co cal procuramos conseguir unha tarxeta para que todos poidades ter acceso a eles e chamalos cando precisedes o servizo que proporcionan.
A verdade é que estamos moi orgullosos deles xa que moitos levan grande tempo traballando con nós e outros, anque máis recentes, decidimos acudir a eles porque sabemos que ofertan un servizo de calidade. Sabemolo porque son os nosos lugares de confianza na nosa vida privada, onde acudimos cando o precisamos, por eso mesmo fago esta entrada, para aparte de agradecerlle con moita forza o seu apoio, para animarvos a que confiedes neles porque son xente moi boa e que sabe moi ben o que fai.

Quero tamén, nesta última entrada da semana previa, animarvos a que nos axudedes a difundir esta páxina para que sexamos, cantos máis mellor, nesta pequena comunidade que estamos creando, e que nos levou a superar as 800 visitas no noso primeiro mes de vida. Queremos que a difundades para que o próximo 13 de agosto poidamos pasar unha moi pero que moi agradable tarde e, que o tempo acompañe, dende logo que, segundo os pronósticos a día de hoxe, vai ser así.

Agora vou incluír unha foto que é tradición, xa que tódolos anos a facemos. Nesta concretamente, saímos un pequeno grupo de organizadores. Sen embargo, xa subirei outra na que se nos vexa a todos.


Anda que non choveu nin nada dende esta foto, jaja


Moitas grazas a todos, de veras!

mércores, 27 de xullo de 2011

Día 5

Ola de novo a todos.
Onte tivemos xuntanza. Xa queda menos, nun par de semanas xa será o marathón e as cousas este ano van bastante ben, a verdade. A idea que vos comentei a semana pasada sobre a exposición de fotos está tomando un cariz bastante bo e é un dos anos nos que máis xente se está implicando con nós.
Eu, persoalmente estou moi contento. Máis para diante, seguramente tralo Marathón, subirei un video coa maior cantidade de fotos das que dispoña, para que poidades velo nas vosas casas e ensinarllo ás persoas maiores xa que é moi curioso ver como se van lembrando das caras e se ilusionan ao rememorar tempos pasados.
Continuando coa labor propia do Marathón, xa contamos con varios patrocinadores máis que irei engadindo pouco a pouco, e esta fin de semana acudiremos a comprar xa os trofeos deste ano! Tamén este ano contaremos co patrocinio do Concello de Pontevedra, que vai donar dous trofeos, como en anos anteriores.
Coca Cola tamén participará este ano connosco a través dunha rebaixa no prezo das bebidas.
Deixovos unha foto destas da exposición para que comparedes como era antes e como é agora. Se non o coñecedes a día de hoxe, anímovos a que o fagades!
Campo da festa de Marcón (Pontevedra)
Ben, creo que por hoxe nada máis... voltarei escribir a semana próxima asique non esquezades pasarvos!
Lembrade que vos esperamos en Pintos (Marcón) cos brazos abertos.

mércores, 20 de xullo de 2011

Día 4

Ola de novo.
Onte tivemos nova reunión do Marathón. Recibimos cartos de venda de rifas e de patrocinadores, e seguimos na busca de máis que desexen unirse ó noso listado.

Tamén acordamos que, no día do marathón, faremos unha exposición de fotos antigas que nos vai proporcionar Basi Villaverde (fillo do iniciador do marathón hai 26 anos) e na cal poderemos ver fotos, tanto de antigos marathóns, como de fitos en épocas pasadas de Pintos, traballos tradicionais e fotos de familia. Con esta iniciativa, pretendemos animar a aqueles que teñades fotos antigas e que vos interese formar parte deste proxecto, a enviárnolas escaneadas a marathonpopulardepintos@gmail.com ou ben, traelas o día do marathón e falar con alguén de nós.

Avisar tamén que seguramente organicemos unha cea, para quen desexe apuntarse, o venres 26 ou sábado 27 de agosto no mesón O Catavento, como fixemos o ano pasado. O prezo rondará algo menos de 20€. Pode anotarse quen desexe, ben póndose en contacto con alguén de nós, ben a través do correo electrónico marathonpopulardepintos@gmail.com ou ben no propio día do Marathón.

Sen máis, convocamos nova reunión o próximo martes 26 de xullo para seguir concretando.
Apertas a todos e lembrade participar!


xoves, 14 de xullo de 2011

Día 3

Isto avanza e non para. Tivemos hoxe (por onte, 13/7/11) a nosa terceira reunión de equipa.
Logramos pornos en contacto co noso proveedor habitual de trofeos e xa estamos á espera dunha resposta para que nolos envíe.
No día de mañá, Fran e eu mesmo imos acoder a varias delegacións de patrocinadores para intentarmos conseguir algo máis neste ano que está difícil para moitos dos vellos patrocinadores, dada a situación económica actual.
En principio, informar que xa podedes contactar con nós para a compra de rifas, xa que xa están á venda (imos ter, como mínimo, 2 xamóns a sortear, ademáis do resto de cousas habituais). Contribuíde con 50cénts por rifa!
Tamén comezamos coa pega de carteis deste ano.

Esperamos sinceiramente que este blog que nos animamos a realizar este ano, poida servirvos para ir coñecendo o traballo que se leva a cabo tras este Marathón de Pintos e o importante que é para nós que todo saia ben.

Detrás estamos un equipo xoven e con ganas de facer un bo traballo.

Unha aperta a todos.
O próximo martes, máis!
(publicado 13/7/11)




NOTA (engadida o 15/7/11):
O CARTEL DO ANO 2011 É O SEGUINTE. PODÉDELO AMPLIAR CLICKANDO SOBRE EL.

xoves, 7 de xullo de 2011

Día 2

Ben, hoxe tivemos a segunda reunión. Non puidemos chegar a acordos concretos máis que seguir traballando no que falaramos posto que inda é moi cedo e temos pouco confirmado. Andamos á espera de patrocinadores, rifas e cartaces para colgar, como cada ano!

Inclúovos algunha foto máis para que vaiades facendo boca
Como a empanada é gratis... PARA COMER SEMPRE HAI XENTE!!

Música en directo ao remate!

Seguimos traballando nelo!